Alimentos

Comedores Escolares

En Chicolino Aliménta(te) sabemos da importancia dunha alimentación saudable na nenez. Factores como o crecemento e o desenvolvemento intelectual do colectivo infantil confiren á dieta unha importancia primordial. En base a isto, o noso equipo de nutricionistas deseña un patrón dietético que toma como base a Dieta Atlántica.

Niños comiendo

Compromiso de Calidade

O compromiso coa calidade é unha constante en Chicolino Aliménta(te). A nosa dilatada experiencia en restauración fai que dispoñamos dun selecto grupo de provedores de proximidade. O obxetivo é acadar a máxima frescura nos alimentos ó tempo que contribuímos a fomentar o consumo de produtos de KM.0

Filete

Política de Calidade

En Chicolino coidamos tanto a calidade como a cantidade dos nosos pratos, logrando unha perfecta mestura entre sabores, texturas e presentación. A coidada selección e a completa variedade das nosas preparacións, demostran o continuo compromiso que mantemos coa nosa identidade culinaria, empregando sempre os mellores produtos.